Según se recoge en la página web oficial de la Xunta de Galicia con fecha (28-2-2008), citando al Presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño.
ASISTENCIA SANITARIA PARA LOS ABOGADOS Y PROCURADORES DE ALTA EN EL TURNO DE OFICIO
Según se recoge en la página web oficial de la Xunta de Galicia, hoy 28-2-2008, el Presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, anuncio:
-que os 1.800 avogados e procuradores da quenda de oficio obterán resposta a unha reivindicación “histórica” coa aprobación do convenio de colaboración coa Xunta que posibilitará a asistencia sanitaria destes profesionais.
Favorecer a asistencia xurídica gratuita
O titular do Goberno galego destacou outros acordos tomados polo Consello da Xunta como a aprobación do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e dos colexios profesionais dos avogados e procuradores para a cobertura sanitaria aos profesionais incluídos na quenda de oficio. Emilio Pérez Touriño explicou que esta acordo responde a unha demanda “histórica” destes profesionais e destacou que esta asistencia sanitaria beneficiará a profesionais que están comezando a súa vida laboral.
O titular do Goberno galego explicou que esta medida beneficiará a arredor de 1.800 profesionais e que a asistencia sanitaria se estenderá aos membros da unidade familiar. Pérez Touriño salientou que o convenio tamén ten como obxectivo incentivar aos avogados e procuradores para que exerzan na quenda de oficio e favorecer así a asistencia xurídica gratuita.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario