Como xa expliquei nun artigo anterior, ningunha das tres posibilidades que tiña ZP con vistas a súa investidura me parecía axeitada (CiU, PNV+BNG, IU+BNG+ER) e desexáballe toda a sorte do mundo para que escollese ben.Pois para min, admitindo que fixo da necesidade virtude, escolleu ben: saiu polos cerros de Úbeda (fermosa vila da provincia de Jaén de onde son Joaquín sabina, Muñoz Molina, e un moi bo amigo meu). É dicir, negouse a mendigar votos para a sesión de investidura, o cal sorprendeu a mais dun que se lamentou de que non se lle fixesen as beiras, “El PSOE se equivoca al optar por una táctica en la que quiere enfatizar la autonomía de su proyecto sin esforzarse en llegar a acuerdos…”, Jorquera dixit.O caso foi que cos seus 169 votos, sen complexos por facelo en segunda volta, saiu investido presidente e as forzas minoritarias apresuráronse, a pesar de absterse ou incluso votar en contra, a mostrar a súa vontade de diálogo: CiU, “Nuestra abstención es compatible con nuestra predisposición al diálogo”; PNV, “Nuestra abstención de hoy es una abstención comprometida, proactiva, constructiva, que entraña un doble significado: crítico y esperanzador”; ERC, “Este de entrada no a su investidura no cierra por nuestra parte ninguna puerta”; etc.Por descontado ZP sabe que para gobernar ten que contar co apoio dunha ou doutra/s forza/s, pero tamén éstas saben que para obter proveito político teñen que amosarse conciliadoras. Ninguén entendería, por exemplo, que unha lei que aumente, como prometeu no seu discurso de investidura, o salario mínimo aos 800€ sexa rexeitada polas forzas que se din de esquerdas, como BNG, IU ou ERC.ZP optou por buscar apoios e acordos puntuais para sacar adiante o seu proxecto político, o que, sen dúbida, ten os seus riscos, mais todos sabemos que cando un pide un favor queda obrigado con quen llo fai, pois, como di o refrán, es de bien nacidos ser agradecidos. De momento ZP comezará a súa lexislatura sen necesidade de devolver favores, de ser agradecido, pero tamén coa imperiosa obriga de amosar a flexibilidade e habilidade necesarias para levar adiante o seu programa.E aquí debería rematar o meu artigo, pero non podo evitar dar dúas pinceladas máis a este pequeno cadro.Primeira pincelada: investiduraGustoume o discurso de investidura, desbordante de optimismo antropolóxico, gustoume como sindicalista que son o do salario mínimo, a ampliación a 4 semanas do permiso de paternidade, o compromiso de traballar pola igualdade salarial entre homes e mulleres. Pero houbo algunha cousa que me desacougou: que quere dicir iso de que “ayudaremos a las empresas a que creen escuelas infantiles”?, que se renuncia a crear escolas infantís de titularidade pública?En canto á política económica semella tendente á redución da fiscalidade: devolución dos 400€ e adianto nas devolucións do IVA ás empresas. Isto preocúpame porque, a pesar dos “superávits acumulados en los últimos años”, seremos quen de manter a ambiciosa política social prometida? Se cadra, a resposta esta no Segundo Plan de loita contra o fraude fiscal. Se recuperasemos o que se defrauda non habería dúbida.Segunda pincelada: ministros e ministeriosMarcha Caldera que o fixo razoablemente ben e queda Magdalena, a ministra peor valorada polos españois, tanto pesan Chaves e Andalucía? E vén Sebastián, cuxo principal mérito como político e o seu estrepitoso fracaso nas eleccións ao concello de Madrid. A Educación, que xa ten poucos problemas, se lle suma asuntos sociais e familia e crease un ministerio de Igualdade. Non me parece axeitado, mais xa veremos.Sempre admirei (e admiro) a ZP, que cun par, ten a estrana virtude de saír polos cerros de Úbeda e triunfar. Espero que o tempo e os feitos lle dean a razón.Nota: Álvar Fáñez, caudillo de Alfonso VIII, anticipouse sete séculos niso de fai o amor e non a guerra, pois cando tiña que atacar Úbeda atopouse cunha moriña xeitosa de ollos como olivas e redondeados outeiros e o seu ardor guerreiro transformouse en cálido amor. Cando Alfonso lle preguntou onde se metera respondeu, cun par, “por esos cerros, señor”.
Desde Montealto, capital de capitais,
Gerardo Morano
(Sacado del blog Izquierda21)
No hay comentarios:
Publicar un comentario