"El mar es el último refugio que me resta" A.Pérez-Reverte

18 mayo 2008

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Ola tritóns, ando enferma, por iso non puiden atender ben o blog ata hoxe. Quería homenaxear a Xosé María Alvarez Blázquez (catro tildes no seu nome, toma xa!) Un saúdo, e perdón pola tardanza, foi forza maior.
http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigureWork.do
Autor de tres poemarios en galego, unha pequena obra en prosa e diversos estudos de investigación na nosa lingua, en Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) recoñece a Academia un intenso labor patriótico, “exemplo perfecto do que antes se chamaba, e aínda se chama ás veces, un polígrafo. A historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura, foron só algunhas das erudicións que cultivou”.Xosé María Álvarez Blázquez pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. Hoxendía os seus fillos Alfonso, Celso e Xosé María Álvarez Cáccamo, manteñen esa mesma filia literaria.Os tres poemarios publicados en galego polo autor a homenaxear son Poemas de ti e de min, un tributo ao popularismo, o imaxinismo e o neotrobadorismo, corrente na que o sitúan nos manuais literarios; Roseira do teu mencer, un emocionante canto á súa filla pequena e finalmente Canle segredo, que aínda que se publicou en 1972 foi escrito na década dos 50, época na que Álvarez Blázquez elaborou a súa obra poética galega pensada para agruparse nun libro. O seu fillo Xosé María publicou a obra completa en 1987, en Xerais, dando a coñecer poemas soltos escritos noutros tempos da súa vida.A biografía de Álvarez Blázquez, militante do galeguismo desde 1934, está marcada polo tráxico fusilamento do seu pai, o doutor Darío Álvarez Limeses en Tui, o 30 de outubro de 1936. Mestre de profesión, foi desterrado a Coreses (Zamora), tendo finalmente que deixar a carreira e regresar a Vigo, a cidade na que desenvolveu grande parte da súa vida, e onde era Cronista Oficial da cidade.Membro da Academia Galega, preocupado por recuperar textos dos chamados ‘anos escuros’, o seu discurso de ingreso versou sobre esa época co título de Cantares e romances vellos prosificados. Por outra parte é coñecido o papel de Xosé María Álvarez Blázquez como editor. En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, que conta co mérito histórico de amparar o nacemento da chamada Nova Narrativa Galega publicando os libros fundacionais de Rodríguez Mourullo. Máis importante foi a segunda xeira, iniciada en 1967, das Edicións Castrelos, obra persoal exclusivamente súa. Ás Edicións Castrelos débeselles o fenómeno da Colección O Moucho, libros do pobo pra o pobo; pero tamén a popularización da obra de Rosalía e de Curros, e máis aínda da do propio Pondal, que estaba reducida a moi pequenas minorías e se vendeu por milleiros de exemplares na Colección Pombal. E tampouco non se esquecían os escritores contemporáneos de Celso Emilio Ferreiro a Xosé Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xohana Torres ou Manuel María.

No hay comentarios: