De la admiración y el cariño, surgió esta hermosísima canción de cuna para Rosalía muerta que el poeta inmenso, Federico garcía lorca le dedicó a su amiga fallecida.
Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do dia!
Erguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Os arados van e ven
dende Santiago a Belen.
Dende Belen a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito,
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van o mar
onde as nubes teñen seu nido pombal.
Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do dia!
Erguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!
Federico García lorca
No hay comentarios:
Publicar un comentario